domingo, 15 de agosto de 2010

EL SUTRA DE LA GRAN SABIDURIA en galego



MAHA PRASÑA PARAMITA HRIDYA

MAKA HANNYA HARAMITA SHINGYO


O SUTRA DA GRANDE SABEDORÍA


Avalokitesvara Bodisatva da Verdadeira Libertade, a través da prática profunda da Grande Sabedoría, comprende que os cinco agregados son suniata e, grazas a esta comprensión, axuda a todos os que sofren. 

Oh Sariputra, os fenómenos non son diferentes de suniata. Suniata non é diferente dos fenómenos. Os fenómenos son suniata. Suniata é fenómeno. A materia, a percepción, o pensamento, a volición e a memoria son igualmente suniata.. Oh Sariputra, todas as existencias son suniata. 

En suniata non hai nacemento nin morte. Nin pureza nin impureza. Nin crecemento nin diminución. Nin cinco agregados. Nin órganos sensoriais, nin obxectos sensoriais, nin consciencias sensoriais, nin consciencia da consciencia. Nin ignorancia, nin extinción da ignorancia. Nin vellez nin morte nin extinción da vellez nin da morte.. Nin sofremento, nin causa do sofremento, nin libertación do sofremento, nin vía que conduza á libertación do sofremento.Nin sabedoría nin obtención. Só existe Muxotoku: nada que atinxir. 

Esta é a razón pola cal, no espírito do bodisatva, grazas a esta Grande Sabedoría, non hai redes nin obstáculos, nin causa de obstáculos. Nin medo nin temor, nin causa de medo nin temor. Deste xeito libértase das perturbacións, das ilusións e dos apegos e chega á etapa última da vida: o nirvana. 

Todos os Budas dos tres tempos teñen atinxido a Suprema Libertación grazas a esta Grande Sabedoría. 

Por tanto Hannia Haramita é o mantra universal, o mantra resplandecente, o mantra máis elevado, o mantra incomparábel, aquel que extingue todo o tipo de sofrementos. É a verdade sen erro. 

Este mantra proclamado por Hannia Haramita dise así: 

Ide, ide, 
ide xuntos. 
Ide xuntos alén do alén, 
ata a consumación última. 

Yia-te Yia-te. 
Hara yia-te. 
Hara so yia-te. 
Boyi so-wa-ka. 

Hannia Shinguio.

Traducido por Valentín Rodrigues Fagim
Comunidad Budista Soto Zen

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario